jueves, 3 de diciembre de 2009

FeStAs GalEgaS




Din que Galiza é a terra dos mil ríos e tamén das mil festas. Unha constatación que ninguén parece dubidar. A abundancia de auga e festivais é algo que, ata agora, nós asumimos a nosa comunidade.
Aquí van unhas poucas das festas máis representativas da nosa fermosa terra.
VIVAMOS COMO GALEGOS

ENTROIDO
É unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma.
O Entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os antroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de acontecemento turístico nacional polo Ministerio de Turismo.
A palabra entroido deriva do latín introitus, que significa "entrada" ou "comezo" da primavera e do rexurdimento da vexetación. Na zona norte de Galiza emprégase antroido, como no antroido ribadense e na zona da Fonsagrada, incluso Monforte de Lemos e Viana do Bolo, mentres que no sur é máis frecuente entroido.

FEIRA FRANCA
É unha festa celebrada en Pontevedra o venres pola tarde e todo o sábado da primeira fin de semana do mes de setembro. Está ambientada na idade media, e inclúe postos de comida, animación nas rúas, música, obradoiros, artesanía en coiro, madeira, téxtiles, produtos naturais...

FESTA DA AUGA
A Festa da Agua ten lugar en Vilagarcía de Arousa cada 16 de agosto.
Logo de transladaren a figura de San Roque, patrón da cidade, da igrexa parroquial de Santa Eulalia de Arealonga ata a capela de San Roque, os romeiros piden auga ós veciños para refrescárense. Tamén os bombeiros adoitan participar botando auga coas mangueiras, agás no 2006, a causa da gran vaga de incendios forestais. A noite anterior é coñecida como a Víspera da Festa da Auga, habendo tamén gran festa.

SAN FROILÁN
As festas de San Froilán de Lugo teñen lugar en Lugo entre o 4 e o 12 de outubro. Xiran arredor do 5 de outubro, día en que o santoral católico conmemora o día de San Froilán.
Foron proclamadas de Interese Turístico Nacional polo Ministerio de Industria e Turismo.
O seu programa inclúe un gran número de actividades culturais e concertos, unido á gastronomía típica, as atraccións e a animación das rúas da cidade.Celébrase xa dende a Idade Media, e os actos que nacen coa feira e como entretemento para todos aqueles que acodían a Lugo a vender e comprar. O sagrado e o profano únense para para dar orixe ás festas de San Froilán.

FOLIÓN DOS CARROS
O Folión dos carros celébrase na semana das festas de Chantada, en concreto o sábado, a fins do mes de agosto. Consiste na representación de escenas tradicionais da comarca, como por exemplo as tarefas do agro, a vendima, a matanza, as feiras, etc. Todo isto sobre un escenario móbil que orixinalmente era un dos típicos carros galegos, pero que hoxe en día, debido a complexidade das representacións, pode chegar a ser ata unha plataforma de camión.
Pero o principal distintivo desta festa, e o que a diferencia doutras semellantes, consiste en que a tracción dos carros é unha xugada de vacas, non se permitindo coches, tractores, ou calquera outro tipo de vehículo.

RAPA DAS BESTAS
É o nome da operación que consiste en cortar a crin dos cabalos que se realiza nos curros celebrados en varias localidades do territorio galego.
A máis coñecida é a rapa das bestas de Sabucedo, no concello da Estrada, que dura tres días: o primeiro sábado, domingo e luns de xullo. De feito, dálle nome á celebración e así fálase da Rapa das Bestas de Sabucedo, mentres que na maioría dos lugares fálase de curro -o nome do recinto pechado no que se recollen os cabalos.

NOITES MEIGAS
A Asociación Cultural Meigas e Trasgos celebra a Noite Meiga dende o 1971 en Sarria (Lugo). Esta festa celébrase cada ano o último sábado de Agosto.
Ó longo do fin de semana celébranse varios actos culturais que rematan co fin de festa a noite do sábado coa Danza da Noite Meiga.
Según a lenda convócanse as meigas e os trasnos para que fagan conxuros e feitizos para que todo o malo marche de nos (bruxas, tronos, ...) e teñamos un bo ano.
A danza celébrase pola noite ás escuras e con fachos que lle dan un toque máxico.

SAMAÍN
A antiga festividade céltica do samaín (pronunciado /ˈsˠaunʲ/ da Lingua irlandesa antiga samain) foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.

A VIRXE DA ROCHA
A Virxe da Rocha é un monumento do concello pontevedrés de Baiona, situada na aba do monte de San Roque, a 100 m sobre o nivel do mar.
A idea da súa construción foi do enxeñeiro Laureano Salgado Rodríguez. A primeira pedra colocouse o 18 de setembro de 1910, colocándose sobre ela unha pequena caixa de cinc con dúas moedas de ouro, dúas de prata e dúas de bronce, ademais dunha copia da acta de tal acontecemento. A súa execución foi lenta debido ás dificultades económicas, sendo inaugurada o 14 de setembro de 1930.
Mide 15 m de altura. A talla en pedra foi realizada por Antonio Palacios, e a cara e as mans, que son de mármore branco, foron feitas polo valenciano Mariano Benlliure. A coroa está rodeada dun nimbo de azulexos e pedra que descansa sobre os ombreiros. O interior do monumento é oco e ten unha escaleira de caracol que permite subir ó barco que a Virxe sostén na man dereita. Con capacidade para 5 persoas, serve de miradoiro cara ao océano Atlántico.

FESTA DO POLBO
A festa do polbo do Carballiño é unha festa gastronómica celebrada no concello ourensán do Carballiño.
Aínda que a vila se atopa lonxe do mar, consúmese polbo desde antigo, traendo polbo seco froito do intercambio comercial coas rexións costeiras de Galiza. Na actualidade o xeito máis común de preparalo é á feira. O labor das polbeiras do Carballiño é recoñecido en toda Galiza.
A festa celébrase sempre o segundo domingo de agosto.

martes, 1 de diciembre de 2009


Os Pinos.

¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atende
no noso ronco son,
mais sóo os iñorantese
féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edadesque
as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer,
xigantea nosa voz pregoaa
redenzón da boa
nazón de Breogán.




O Hino galego e o sistema cultural de Galicia. O Hino é o símbolo acústico mais solemne e transcendental de Galicia como comunidade política. Como un producto da cultura galega, reflexa o ambiente social e cultural de Galicia, como un dos seus mais importantes testimonios. É un Hino que, dende a súa estrea en 1907, pasou por moitas vicisitudes, dende a prohibición absoluta, en tempos de restricción espiritual e expresiva, ata a permisividade total, sen obstáculos nin censura, pasando por situacións intermedias, moitas veces ambiguas, nas que se tolerou a súa práctica, pero interpretado como unha canción mais dentro do rico folklore galego. Xurde en “La Habana”, froito do espíritu organizador dun linotipista emigrante, polo que, ó igual que a Bandeira* e o Escudo*, está vinculado ó espíritu creador da Galicia emigrante. É o único símbolo galego que non foi contestado ou criticado, polo que esperta a adhesión de tódolos medios nacionalistas e rexionalistas e de persoas que non se distingan por un excesivo celo centralista.

martes, 17 de noviembre de 2009

DATOS CAMPAMENTO

DATOS XERAIS

Campamento de montaña , con abundante arboreda e xardín. Ten unha capacidade de 100 prazas de campaña.
A instalación dispón de pista polideportiva, salón de actividades (comendor) e piscina.

ACCESO

Situado a 70 km de Ourense, na estrada de Entrimo - Illa Oleas. A instalación atópase a 2km de Entrimo, no lugar Cabeza da Vella.
Ferrocarril ata Ourense e autobuses desde Ourense. 8ou en coche claro está)

ENDEREZO

Campamento Xuvenil "Penedos de Xacinto". Cabeza da Vella, ENTRIMO (Ourense)

TELÉFONO

988 434 779

OBXECTIVO

Que os mozos divértanse e que resalten os lazos entre galeg@s e portugues@s .
25 galegos e 25 portugueses (rapaces)
3 monitores galegos e 3 portugueses.

jueves, 5 de noviembre de 2009

CAMPAMENTO PORTUGALIZA EN PENEDOS DE XACINTO (ENTRIMO)

Hola xente!, que tal? jajaja , bueno, nesta entrada vouvos falar sobre o campamento (campo de ferias) que lévase a cabo tódolos verán en Penedos de Xacinto, a 2 km de Entrimo.
É unha actividade multicultural entre mozos e mozas galegos e portugueses entre 15 e 16 anos a 17 para coñecer esa cultura tan semellante á nosa.
Eu fun este verao e de verdade é unha experiencia para repetir. É máis, os melloeres amigos do campa meus son portugueses, e fai medio mes fixemos unha quedada os de ourese e a Coruña cos de bragança, vila-real, braga e o porto en vila-real
¨Créanse uns lazos de amistade moi fortes e bonitos,e eu aconsello que a xente se apunte.
Un saudiño e vinde para o ano conmigo'¡ ajaj

miércoles, 28 de octubre de 2009

Gallaecia


Para resaltar os lazos galego-portugueses expostos na entrada anterior, falarei agora dos nozos lazos históricos e polas razóns, caprichos do destino, de que a galiza e portugal estean separadas.
Gallaecia foi orixinalmente o nome co que os romanos identificaron ao territorio situado no extremo noroccidental da Peninsula Ibérica habitado por pobos indoeuropeos de lingua céltica denominados galaicos ao oeste, e astures ao leste. Anos despois da culminación da conquista romana, coa nova división administrativa de Diocleciano, estivo formada polos conventos Lucensis, Bracarensis e Asturicensis. Co tempo, no século IV, a Gallaecia chego a incluír o antigo conventus cluniacenesis, abarcando así todo o norte de Hispania. Independentemente da evolución territorial asociado a devandito nome, este acabaría por derivar en lingua española até nomear a actual Galicia, a pesar de non corresponderse exactamente ao antigo territorio romano.
A Gallaecia estaba formada por a actual Galiza, oeste de león e asturias e norte de Portugal, ata O Porto, no río Douro.
A comezos do século V a Gallaecia foi ocupada polos suevos e os alanos a pesar da resistencia dos seus habitantes. Estes bárbaros estableceron reinos en territorio romano a través de pactos co poder imperial. O rei suevo Hermerico asinou un foedus co Imperio mediante o cal se convertía en federado de Roma, ocupando a provincia de Gallaecia e aceptando ao Emperador como o seu superior (411). A parte occidental da Gallaecia foi para os suevos, en tanto que a oriental correspondeu aos alanos, dirixidos polo seu rei Gunderico. Enfrontados ambos, Hermerico foi derrotado polos alanos nos montes Nerbasos, na actual provincia de León. Con iso, a antiga Gallaecia chegou ao seu fin. En poucos anos, o reino suevo quedaría restrinxido á Galicia actual, o norte de Portugal e extremo occidental de León, en tanto que o resto de territorio quedou baixo dominio visigodo ou das propias elites hispanorromanas (tal é o caso da costa cantábrica até a conquista visigoda en tempos de Leovigildo).
A cohesión social e territorial da cultura castrexa explica a extraordinaria resistencia dos galaicos á dominación romana[1] , que se prolongou durante máis dun século cando esta xa se estendía polo resto da Hispania. Unha vez finalizados os enfrontamentos bélicos, iniciouse unha frutífera romanización. Así pois, foi durante esta época cando a Gallaecia alcanzou as súas máximas fronteiras, chegando polo oriente até as fontes do río Ebro.

lunes, 26 de octubre de 2009

PORTUGALIZA















Portugaliza son distintos movementos de acción multicultural entre Portugal (o norte especialmente) e Galiza ( España). Tamenes están os que defenden a separación da Galiza de España e a unión con portugal formando o país que sería Portugaliza. Estes serían os lusistas. Tamén atopamos neste grupo ós reintegracionistas que apostan por unha normalización do galego cara unha semellanza ó portugués máis palpable, case igual, para poder abarcar moitos máis campos.
As accións portugalegas poden ser concentracións de seguidores desta idea en distintos sitios da Galiza e de Portugal para falar e compartir as súas ideas e inquedanzas, concursos literarios, campamentos entre xóvenes galegos e portugueses (do norte) onde se conciencia da semellanza e os lazos de irmandade que unen estes dous pobos e así coñecer unha cultura semellante a nosa pero para moitos descoñecida, etc.
Portugalizar é dar a coñecer á poboación galega e portuguesa, sobre todo á xente xoven, da igualdade tan palpable entre estes dous grandes pobos da península ibérica, e facer algo para que estas dúas culturas se integren entre si dando lugar a unha cultura común, sen perder claro está, as propias.
VIVA PORTUGALIZA!