lunes, 26 de octubre de 2009

PORTUGALIZA















Portugaliza son distintos movementos de acción multicultural entre Portugal (o norte especialmente) e Galiza ( España). Tamenes están os que defenden a separación da Galiza de España e a unión con portugal formando o país que sería Portugaliza. Estes serían os lusistas. Tamén atopamos neste grupo ós reintegracionistas que apostan por unha normalización do galego cara unha semellanza ó portugués máis palpable, case igual, para poder abarcar moitos máis campos.
As accións portugalegas poden ser concentracións de seguidores desta idea en distintos sitios da Galiza e de Portugal para falar e compartir as súas ideas e inquedanzas, concursos literarios, campamentos entre xóvenes galegos e portugueses (do norte) onde se conciencia da semellanza e os lazos de irmandade que unen estes dous pobos e así coñecer unha cultura semellante a nosa pero para moitos descoñecida, etc.
Portugalizar é dar a coñecer á poboación galega e portuguesa, sobre todo á xente xoven, da igualdade tan palpable entre estes dous grandes pobos da península ibérica, e facer algo para que estas dúas culturas se integren entre si dando lugar a unha cultura común, sen perder claro está, as propias.
VIVA PORTUGALIZA!




6 comentarios:

  1. Estou de acordo con eso. Apeteceriame moito ir a un campamento de integracion con xovenes portugueses( do norte). A seguinte vez que vaias, avisa Hector.!

    ResponderEliminar
  2. Aínda que non vexo moi probable o feito de que ámbalas dúas rexións se cheguen a unir, si que considero posible o reintegracionismo, o unir o galego e o portugués nunha lingua bastante semellante porque a fin de contas parece que xa é o que se está a facer xDD

    ResponderEliminar
  3. grazas Diego, pois si, a idea do reintegracionismo xa está moi avanzada e é apollada por un numero inportante da poboación galega pois 4 de cada 10 persoas estaría a favor desta medida, como xa diexen antes, importante para abarcar máis campos e acercar culturas

    ResponderEliminar
  4. Paréceme interesante esta idea de reintegrar as dúas culturas veciñas, un bo método é o do campamento, aínda que deberían anuncialos máis para que a xente se entere e facer máis campamentos deste tipo.

    ResponderEliminar
  5. jaaja, pois si, a verdade é que podía promocionalos un pouco máis, eu por exemplo, este verao estiven neste campamento, na fronteira (na raia), e o próximo penso voltar xd, para enterarte tes que collera mediados de marzo ou a partir de ahí, un panfleto que a xunta reparte en puntos de xuventude (por exemplo o que hai ao carón do colexio, ao lado da casa da xuventude) onde a xunta anuncia estes campamentos a un precio moi batrato, e este de portugaliza é unha experiencia única e para repetir , que é o que eu vou facer xd

    ResponderEliminar
  6. a beira da casa de chocolate perdónxd

    ResponderEliminar