jueves, 3 de diciembre de 2009

FeStAs GalEgaS




Din que Galiza é a terra dos mil ríos e tamén das mil festas. Unha constatación que ninguén parece dubidar. A abundancia de auga e festivais é algo que, ata agora, nós asumimos a nosa comunidade.
Aquí van unhas poucas das festas máis representativas da nosa fermosa terra.
VIVAMOS COMO GALEGOS

ENTROIDO
É unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma.
O Entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os antroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de acontecemento turístico nacional polo Ministerio de Turismo.
A palabra entroido deriva do latín introitus, que significa "entrada" ou "comezo" da primavera e do rexurdimento da vexetación. Na zona norte de Galiza emprégase antroido, como no antroido ribadense e na zona da Fonsagrada, incluso Monforte de Lemos e Viana do Bolo, mentres que no sur é máis frecuente entroido.

FEIRA FRANCA
É unha festa celebrada en Pontevedra o venres pola tarde e todo o sábado da primeira fin de semana do mes de setembro. Está ambientada na idade media, e inclúe postos de comida, animación nas rúas, música, obradoiros, artesanía en coiro, madeira, téxtiles, produtos naturais...

FESTA DA AUGA
A Festa da Agua ten lugar en Vilagarcía de Arousa cada 16 de agosto.
Logo de transladaren a figura de San Roque, patrón da cidade, da igrexa parroquial de Santa Eulalia de Arealonga ata a capela de San Roque, os romeiros piden auga ós veciños para refrescárense. Tamén os bombeiros adoitan participar botando auga coas mangueiras, agás no 2006, a causa da gran vaga de incendios forestais. A noite anterior é coñecida como a Víspera da Festa da Auga, habendo tamén gran festa.

SAN FROILÁN
As festas de San Froilán de Lugo teñen lugar en Lugo entre o 4 e o 12 de outubro. Xiran arredor do 5 de outubro, día en que o santoral católico conmemora o día de San Froilán.
Foron proclamadas de Interese Turístico Nacional polo Ministerio de Industria e Turismo.
O seu programa inclúe un gran número de actividades culturais e concertos, unido á gastronomía típica, as atraccións e a animación das rúas da cidade.Celébrase xa dende a Idade Media, e os actos que nacen coa feira e como entretemento para todos aqueles que acodían a Lugo a vender e comprar. O sagrado e o profano únense para para dar orixe ás festas de San Froilán.

FOLIÓN DOS CARROS
O Folión dos carros celébrase na semana das festas de Chantada, en concreto o sábado, a fins do mes de agosto. Consiste na representación de escenas tradicionais da comarca, como por exemplo as tarefas do agro, a vendima, a matanza, as feiras, etc. Todo isto sobre un escenario móbil que orixinalmente era un dos típicos carros galegos, pero que hoxe en día, debido a complexidade das representacións, pode chegar a ser ata unha plataforma de camión.
Pero o principal distintivo desta festa, e o que a diferencia doutras semellantes, consiste en que a tracción dos carros é unha xugada de vacas, non se permitindo coches, tractores, ou calquera outro tipo de vehículo.

RAPA DAS BESTAS
É o nome da operación que consiste en cortar a crin dos cabalos que se realiza nos curros celebrados en varias localidades do territorio galego.
A máis coñecida é a rapa das bestas de Sabucedo, no concello da Estrada, que dura tres días: o primeiro sábado, domingo e luns de xullo. De feito, dálle nome á celebración e así fálase da Rapa das Bestas de Sabucedo, mentres que na maioría dos lugares fálase de curro -o nome do recinto pechado no que se recollen os cabalos.

NOITES MEIGAS
A Asociación Cultural Meigas e Trasgos celebra a Noite Meiga dende o 1971 en Sarria (Lugo). Esta festa celébrase cada ano o último sábado de Agosto.
Ó longo do fin de semana celébranse varios actos culturais que rematan co fin de festa a noite do sábado coa Danza da Noite Meiga.
Según a lenda convócanse as meigas e os trasnos para que fagan conxuros e feitizos para que todo o malo marche de nos (bruxas, tronos, ...) e teñamos un bo ano.
A danza celébrase pola noite ás escuras e con fachos que lle dan un toque máxico.

SAMAÍN
A antiga festividade céltica do samaín (pronunciado /ˈsˠaunʲ/ da Lingua irlandesa antiga samain) foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.

A VIRXE DA ROCHA
A Virxe da Rocha é un monumento do concello pontevedrés de Baiona, situada na aba do monte de San Roque, a 100 m sobre o nivel do mar.
A idea da súa construción foi do enxeñeiro Laureano Salgado Rodríguez. A primeira pedra colocouse o 18 de setembro de 1910, colocándose sobre ela unha pequena caixa de cinc con dúas moedas de ouro, dúas de prata e dúas de bronce, ademais dunha copia da acta de tal acontecemento. A súa execución foi lenta debido ás dificultades económicas, sendo inaugurada o 14 de setembro de 1930.
Mide 15 m de altura. A talla en pedra foi realizada por Antonio Palacios, e a cara e as mans, que son de mármore branco, foron feitas polo valenciano Mariano Benlliure. A coroa está rodeada dun nimbo de azulexos e pedra que descansa sobre os ombreiros. O interior do monumento é oco e ten unha escaleira de caracol que permite subir ó barco que a Virxe sostén na man dereita. Con capacidade para 5 persoas, serve de miradoiro cara ao océano Atlántico.

FESTA DO POLBO
A festa do polbo do Carballiño é unha festa gastronómica celebrada no concello ourensán do Carballiño.
Aínda que a vila se atopa lonxe do mar, consúmese polbo desde antigo, traendo polbo seco froito do intercambio comercial coas rexións costeiras de Galiza. Na actualidade o xeito máis común de preparalo é á feira. O labor das polbeiras do Carballiño é recoñecido en toda Galiza.
A festa celébrase sempre o segundo domingo de agosto.

2 comentarios:

  1. A NOSA GALICIA!!!!
    VIVAMOS COMO GALEGOS!!!!! XD

    ResponderEliminar
  2. jjajaja XD, pois claro, se non , que nos distingue
    temos que vivir a vida como o que somos¡
    VIVA GALIZA¡

    ResponderEliminar